ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Manuel Fernández Cuiña

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 


Este libro gustoume bastante porque fala un pouco de como era a sociedade nesa época. Incluíndo tamén o caso de que toda unha familia, exceptuando algún familiar, non estea de acordo con un soño do rapaz ou rapaza (neste caso) da familia. O de que a nai quixese que a rapaza soubese cosar e cociñar e non lle gustase a idea de que a filla estudase o que ela quería creo que é unha actitude machista por parte da nai. Polo resto, gustoume a relación que había entre a rapaza e o avó, que era o único que a apoiaba na súa decisión de estudar para ser científica. En xeral, un bo libro para o meu gusto.

Sen comentarios