A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, é un libro curioso, que transmite curiosidade
e inocencia. Dende os ollos dunha rapaza de once anos cunha visión
peculiar do mundo nunha época na que a ciencia e a curiosidade non
son a norma. É unha historia que, pese a intentar ser obxectiva, non
por iso deixa de transmitir sentimentos. A figura do avó, enigmático
e sabio, ao que todos acoden en busca de consello, sempre pechado na
súa biblioteca coa súa investigación, fíxome lembrar dous momentos
da miña infancia. Tampouco faltan os irmáns pequenos que aportan o
seu graniño de area que fai do libro unha lectura amena e entretida.
A nivel persoal, identifícome moito
coa protagonista e a súa curiosidade polo mundo que a rodea, e o seu
desinterese por temas banais, que se acentúa no caso do avó. O
libro é unha boa recreación da sociedade rural estadounidense da
época. Foi un acerto da autora o situar a acción en 1899, ao final
dun século, que algúns calumniantes prediciran como a fin do mundo,
e como recentemente tivemos a oprtunidade de comprobar, non son máis
que contos para non durmir. Á súa maneira, Kelly realiza unha
crítica da sociedade da época.
1 comentario:
O libro da evolución de Calpurnia creo que foi o meu favorito dos que lemos na clase, xa que conta unha historia que posiblemente moitas rapazas estén pasando neste mismo tempo. O libro mostra que a día de hoxe sigue habendo moita discriminación á muller, xa que como conta no libro, as mulleres teñen que quedar na casa para coidar dos seus homes e fillos.
Aínda que non me gustou moito o tema que se falaba no libro, sí que me foi interesante lelo, para o meu gusto, é o mellor libro que limos na clase. Espero que os demáis libros sexan tan interesentes coma este!
Publicar un comentario