Comentario de Mariña
Castro Fontao
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
A historia
xira en torno dunha rapaza, Natalia, popular e bonita, que vive nunha
urbanización acomodada, e de como afecta a súa misteriosa desaparición ás
persoas da súa contorna.
A desesperación
dos pais, a tristeza dun amigo de verdade, a indignación dos veciños, a loita
dunha inspectora por atopala e o beneficio que a noticia lles provocará aos
medios de comunicación.
Considero que o autor nos transmite moi ben os sentimentos dos personaxes, amosando recordos e pequenos detalles que fan que a un "lle chegue" a historia e que sinta unha profunda empatía cos personaxes.
Trátase, na miña opinión, dun relato dramático, xa que nos mostra unha realidade que non ten nada que ver coa ficción. Para ser un libro curto, cóntanos moito. Recomendaríallo a calquera persoa de calquera idade, porque nos reflicte a vida mesma, a crueza e o desamparo da perda inxusta de alguén querido, dunha infancia interrompida. Non sabería dar unha crítica mala deste libro, porque non trata temas banais nin ten só unha finalidade de entretemento, senón tamén de ensinanza.

Sen comentarios
Publicar un comentario