ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/10/13

Dragal

Comentario de Mariña Castro Fontao


Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais




O simple feito de que este libro sea de xénero fantástico e de aventura resulta atraente.
Mestura a fantasía das misteriosas lendas de séculos atrás e os segredos da alquimia co día a día de Hadrián, o suposto "Gran Mestre da Orde do Dragal" que empeza a escoitar a voz do dragón,e se verá envolto irremediablemente nesta historia, tendo que superar moreas de obstáculos.
O misterio e as pescudas están presentes nestes dous mundos unidos por unha antiga crenza.
Por outra parte, contando con estes ingredientes e estas ideas, podería haber sido unha historia menos repetitiva e máis emocionante, xa que pode resultar algo pesado de ler. Algo que tampouco me convenceu é a relación dos dous protagonistas, Mónica e Hadrián, que cae no cliché: a rapaza intelixente e "chapona" do instituto que fai case todo o traballo no referente á investigación e o rapaz solitario e pouco popular que resulta ser extraordinario con habilidades que nin el mesmo sabía que tiña.
Recoméndollo a persoas "impacientes", que queiran ir directamente á acción, xa que se sabe moi pouco do que pensan ou senten os personaxes, centrándose nos feitos principalmente. 
Resumindo, non é dos meus libros favoritos pero non está mal.

Sen comentarios