ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

Hora zulú

Comentario de Fátima Bouzada

Hora zulú
Santiago Lopo
Galaxia



Este libro ten moitas máis páxinas e levoume máis tempo lelo, pero, aínda así tan pronto comezo a lelo e me parece interesante non o dou soltado ata que acabo. Isto pásame moi a miúdo, sobre todo cos libros máis longos, teño tanta intriga que fago o posible por rematalos canto antes.
Neste, a verdade, picábame moito a curiosidade por saber o pasado sobre ese home, as cousas das que se enterou que non sabía ou non lle acordaban.
Eu nunca vivín a situación de perder a memoria e sufrir amnesia, pero baixo o meu punto de vista debe de ser moi duro non saber as túas orixes, o teu pasado, a onde pertences, polo que o método de recurrir á maxia permitiíulle saber cousas del, algunhas ata moi profundas que el non sabía.
Por isto todo me gustou moito, porque se cadra a min tamén me gustaría acordarme de cousas de cando era pequena. A verdade sei algunhas cousas porque mas contan, pero non porque eu me acorde.

Sen comentarios