Comentario de María Rey
Hora zulú
Santiago Lopo
Galaxia
Había tempo que un libro non me enganchaba tanto, que non sentía a
necesidade de ler a cada instante. Dicir "encantoume" é quedarme curta. Páreceme un libro
que trata sobre moitos temas dunha forma que che toca as entrañas, e que a
realidade e a ficción está separada por unha línea moi fina.
Gustoume todo, creo que non podería dicir nada malo deste libro.
Gustoume a forma de narrar do autor, gústaronme os relatos de 'Hora Zulú' e
conmoveume moito a historia da que investiga (non recordo agora mesmo o nome) con
Francisco, pareceume super tenra. Aínda que non desmerece para nada a historia
principal, de como un acto do pasado marca o futuro.
Non sei moi ben dicir por que me gustou tanto, pero enganchoume moito, non
quedei tranquila ata que o acabei, e co transcurso das páxinas íame cativando
un pouco máis...
Sen comentarios
Publicar un comentario