Este é un deses libros que les en moi pouco tempo pola súa calidade e
porque te engaiolan dende o primeiro momento.
Para min o mellor é o final, porque é algo distinto á típica historia de
final feliz. Este final asombra e é algo novidoso e deixa que o lector lle bote
imaxinación, para que el sexa o que de verdade lle poña a conclusión ao libro.
Tamén me parece unha técnica moi boa a de contarnos a historia por medio de
cartas, é unha maneira diferente de narrar os acontecementos.
Para os amantes do misterio e suspense
recoméndolles este libro sen dúbida, pois a min tívome pendente del dende a
primeira ata a última páxina
Sen comentarios
Publicar un comentario