ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/06/13

Gárgola

Comentario de José Manuel Vila Fondevila


Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia






Para min este libro foi algo moi estraño. Os libros de misterio non me adoitan gustar, a pesar dalgunha excepción. Este non foi unha desas excepcións pero foi un caso especial. A trama foime enganchando e enganchando, lino en pouco tempo, case sen enterarme. A pesar do que me enganchou non foi un dos libros que máis me gustou, posiblemente porque non adoito ler libros deste xénero. Aínda así recoméndollo a calquera persoa que queira pasar uns días enganchado a un libro desexando acabalo para descubrir o seu final.

Sen comentarios