ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/05/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Lucía Silva



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K

Este é un libro curto, pero cheo de significado. Gustoume a pesar de que ao principio non comprendía ben o argumento, pero a medida que ía lendo funme dando conta de que trata a integración racial e o abandono que se sente Moisés co desprezo de seu pai e o abandono da súa nai cando era pequeno.
Chocoume bastante o tema da rúa do Paraíso xa que el aínda é un neno cando vai por primeira vez. A historia está ambientada nos anos 60 na cidade francesa de París nun barrio con mestura de culturas, como a árabe ou a xudía.
O señor Ibrahim convértese nun pai para Moisés, ou Momo como adoitaba chamarlle. Ensináballe leccións vitais e dáballe consellos prácticos para afrontar a vida.
Ao final Moisés reencóntrase con súa nai pero ela non sabe que el é o seu fillo. O pai de Momo abandónao deixándolle unha nota e pouco despois recibe a mala nova de que se suicidou nas vías do tren.

Sen comentarios