ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/05/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán



 Comentario de

Tamara Pereiras Villamayor



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K



Este libro pareceume sumamente triste. Ao principio, pareceume un pouco frío, pero a medida que fun coñecendo a Momo deime conta de que o simple feito de que sorrise, xa era un gran esforzo pola súa parte. Desde logo que non tivo a vida que lle gustaría ter, deume moita pena, especialmente nun momento no que precisa ligar con urxencia para saber que se pode chegar a querelo.
O señor Ibrahim, convértese no pai que a Momo sempre lle houbese gustado ter, co que aprende que a vida non sempre  é un camiño de rosas, pero que  lle hai que mirar o lado positivo, e sorrir, sorrir moito, porque, ás veces, a felicidade comeza por iso, un simple sorriso.
O final do libro foi quizais a parte máis triste de todas. Despois da marabillosa viaxe por Europa co seu novo pai, na que aprendeu tantas cousas da vida, foi moi duro para Momo que o señor Ibraim marchase ao “mar único”. Aínda que o libro remate cun “viviron felices e comeron perdices”, é unha felicidade que chega despois de moito tempo de sufrimento e malos tragos, de aprender a base de golpes; pero malia a iso, o libro está moi ben, o que máis me gustou del foi a tolerancia das distintas culturas, que cada unha aporta cousas moi importantes.

Sen comentarios