Comentario de María Rey

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
Gustoume moito este libro, creo que nos deixa ver, con moita
sensibilidade, certas realidades e nos fai desfacernos dos prexuízos que
poidamos ter.
Creo, que máis alá das alusións que nos fai o racismo, nos mostra unha
verdadeira relación de amizade, é iso e o único que importa, o país de
orixe está de máis, cando hai de por medio un amor de amizade como se
teñen o señor Ibrahim e o neno xudeu, cando esa soidade que senten os
dous é suplida, o demais non importa. Tamén nos amosa a dor dende
diferentes puntos de vista, por diferentes motivos, pero como con unha
soa persoa ó teu carón, se pode levar a vida con máis alegría, con máis
ilusión..., e creo que é moi bonito, que en tan poucas palabras, nos
transmitan tantas cousas, e por iso podo dicir que me gustou moito e
espero poder ver pronto a película, porque se é como o libro, estou
segura que algunha que outra lágrima me fará soltar.
Sen comentarios
Publicar un comentario