Comentario de Andrés Seoane Pena

Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Gárgola foi un libro que lin tan só nunha fin de semana, a min persoalmente
gústanme moito os libros de misterio
e de medo coma este. Xa dende o comezo do libro engancheime moito á
historia e non paraba de ler porque
quería coñecer o porqué dese misterioso soño e quen era esa nena que saía
no soño.
Gustoume todo o libro menos o final, concretamente a pelexa do protagonista
contra a Gárgola porque ocorreron demasiadas cousas en moi pouquiño tempo, pero si que destaco deste
final a valentía que mantivo o
protagonista ata que por fin conseguiu matar á Gárgola.
Recomendo este libro a todos aqueles que lles gusten os libros de misterio e
de medo que é do que se basea este libro, un medo que leva dende o principio dos tempos existindo e o seguirá
a facer eternamente.
Sen comentarios
Publicar un comentario