ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/05/13

O país adormentado

Comentario de Mariana Carreño


O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais


Esta histoira pareceume algo estraña porque non é que me gustase moito pero mentres lía o libro, quería acabalo e chegar ao final para saber como remataba.
Dáme a impresión de que é unha metáfora coa vida real xa que creo que relaciona o de estar sempre durmindo con non disfrutar todos os días ao máximo.
A parte que me pareceu máis triste foi cando mataron a Neve. Ao final, cando aparece o dragón non me gustou, xa que as historias tan fantásticas non me entreteñen como as historias reais.

Sen comentarios