ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/05/13

O país adormentado

Comentario de Uxía Mosquera Castro



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais


O libro foi moi interesante, e gustoume moito xa que relaciona a fantasía coa realidade. Gustoume que o tema fora o medo, a forma na que o autor o intentou expresar foi moi boa. Ao principio resultoume aburrido...pero cando Val se atopou con Aurora comezou a engancharme e non podía deixar de lelo. Chamoume a atención como defendía o seu país e o  medo a morrer, cando todos ao fin e ao cabo imos morrer. Recoméndollo a calquer persoa, de todas as idades porque é un libro moi bonito e enganchadizo. 



Sen comentarios