ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Fátima Bouzada



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




Tras ler o primeiro capítulo do libro e comezar o segundo, empecei a perderme un pouco nel, xa que un e o outro aparentemente non tiñan nada en común, e así cos seguintes capítulos. Ao chegar ao final, fun entendendo que non eran tan distintos do que parecían, e que tiñan algo en común por pequeno que fose. As historia soltas que se contaban eran moi distintas entre elas pero gustáronme todas bastante, porque eran historias contadas por unha mesma persoa e ademais eran elixidas por ser xente común e normal que tamén ten dereito a que a súa vida se coñeza por moi común que sexa. Algunhas das que máis me gustaron foron a de Malulú, un inmigrante normal que chegou en busca dunha mellor vida e meteuse en problemas sen contalo, pero o que si que encontrou foi unha mestra que se namorou del tan pronto velo, e a outra é a de Cristina, que loitou polos dereitos dunha compañeira coa súa propia vida, intentando todo o posible por acadar os seus propósitos e conseguiuno. Son historias normais, comúns como as nosas, pero que dunha maneira ou doutra sempre acaban chegando ao corazón, ou sempre te involucras dunha maneira ou doutra nelas.
 

Sen comentarios