ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Lara Fondevila



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais






Este libro gustoume moito porque ten de todo un pouco: acción, romance, drama, policías... ten unha mestura de todo o que me gusta e aínda que ao principio o libro tirábame para atrás polo seu tamaño, logo enganchoume por completo. Gustoume moito a maneira en que conectou en cada historia a personaxes doutras historias, por exemplo: Alberte no bar onde estaba Malulú ou Malulú na comisaria onde estaba o home acusado por violar á filla da súa moza, e por suposto o final que foi marabilloso xa que todo empeza aí nese aeroporto esperando ese voo de Iberia 547. 
O final á parte de gustarme moito confundiume porque non sei que significa o dedo manchado de tinta de Gonzalo, pero o demais estivo moi ben.

Sen comentarios