ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/02/10

Resistencia

Comentario de Dolly González Álvarez


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais

Gustoume o libro porque a historia que conta paréceme moi interesante, ao tratarse dunha mestura de amor e odio, e a situación política na que se topaba Portugal neste período histórico.
É unha novela escrita en terceira persoa, dividida en 36 capítulos polo que se fai máis amena e fácil de ler.
A época histórica na que nos relata os acontecementos van do ano 1960 ata a revolución dos caraveis, coa que Portugal recuperou a democracia. Tamén reflicte as guerras portuguesas de independecia coas súas colonias.
É unha obra apaixoante aínda que tremendamente triste, por mor da imposibilidade de conseguir o amor e a felicidade da parella protagonista. Tamén saen a relucir as diferenzas sociais tan esaxeradas neste país, e o distinto tipo de vida, da aldea á cidade.
A miña opinión é que que non debeu existir este período político fascista no que Portugal sufriu a falla de liberdades, de diferenciacións sociais e de estragos nas colonias, que supuxeron un retraso social, económico e cultural deste país.

1 comentario:

Ana Tamara Álvarez Álvarez dixo...

Gustoume o libro, as historias de amor, cando Filipa ensina a ler a Dinís, a valentía deste, as probas de amor... é moi satisfactoria a súa lectura