Comentarios de Susana Cumbraos
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
París, exactamente ao pé da torre Eiffel. Alí discorre a historia deste libro, a histor
ia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguén. Catro supervivintes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, os desencontros. Este libro está escrito dende a experiencia da fraxilidade do ser humano, ese delicado equilibrio entre felicidade e desalento.
Son catro persoas doídas pola vida. Un pasado penoso. Pouco a pouco, a paz. E nós, lectores, compartimos con eles. Dende o amor que nace ata o desamor que foxe rapidamente.
Sen dúbida este libro está moi ben e é doado de ler, polo que penso que lle vai gustar a moitas persoas, se están dispostas a mergullarse nas súas páxinas para aprender un pouco máis da vida.
Tamén teño ganas de ver a película que veñen de realizar, aínda que temo os resultados.
ia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguén. Catro supervivintes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, os desencontros. Este libro está escrito dende a experiencia da fraxilidade do ser humano, ese delicado equilibrio entre felicidade e desalento.Son catro persoas doídas pola vida. Un pasado penoso. Pouco a pouco, a paz. E nós, lectores, compartimos con eles. Dende o amor que nace ata o desamor que foxe rapidamente.
Sen dúbida este libro está moi ben e é doado de ler, polo que penso que lle vai gustar a moitas persoas, se están dispostas a mergullarse nas súas páxinas para aprender un pouco máis da vida.
Tamén teño ganas de ver a película que veñen de realizar, aínda que temo os resultados.
Sen comentarios
Publicar un comentario