Lectura e comentarios de Thalía Troitiño González
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
Esta novela non me gustaba ao principio, pero a medida que a ía lendo ía cativándome.
Philibert é unha persoa encantadora, soñadora, de liñaxe aristocrática, moi culto.Relata a historia de catro persoas moi diferentes que comezan a apreciarse.
Franck é groseiro, divertido. Gran cociñeiro. A súa vida está marcada polo abandono da súa nai.
Camille está extremadamente delgada, é infeliz e deprímese frecuentemente. Unha gran pintora que fai limpezas en grandes almacéns. Marcada pola morte do pai e a vida da nai.
Paulette é a avoa de Franck, tivo que abandoar a súa gran casa pola súa enfermidade e soidade.
Acaban vivindo todos xuntos, de aí o título.
Axúdanos a comprender o dura que é a vida, pero que sempre hai esperanza, que hai que loitar por ela.
Tamén me gustou a historia de amor que se vive, porque é algo en principio impensable pola diferenza de caracteres.
O final é o máis esperable
O libro gustoume moito.

Sen comentarios
Publicar un comentario