ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/01/15

Unha estrela no vento

Comentario de Telmo García Castro



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais


A novela de Ledicia Costas titulada Unha estrela no vento paréceme unha novela moi axeitada para os adolescentes porque contén problemas que podemos ter calquera de nós como o encontro do primeiro amor, as pelexas polo que un pensa ou o valor da verdadeira amizade fronte a traizón.
 
Miguel, o protagonista, é o típico adolescente que intenta aprobar o curso facendo o mínimo posible, que está farto de case todo o que o rodea agás a súa nai, a súa noiva Reina e todos os seus amigos menos o Maqui, que é o único co que se enfada e o acaba traizoando.  Por outra parte, unha personaxe que me gustou moito foi Abel. É un rapaz que ten unha minusvalía física, pero que resulta bo e máis listo do que parece. Os seus pais morreron nun accidente de tráfico e ten que ir vivir con coa familia de Miguel. Cambia totalmente
de ambiente xa que onde vivía non tiña moitos amigos e dende que se traslada de domicilio empeza a saír de festa con amigos de Miguel e intégrase moi ben no seu grupo. 
A novela dá unha mensaxe positiva coa que intenta apoiar a toda a xente con algunha minusvalía e iso gustoume.

O final da novela coa morte de Abel foi algo que me impactou moito e desagradoume, pero é un desenlace moi orixinal que manda unha mensaxe clara: NON Á VIOLENCIA.
Miguel deixa claro que as pelexas non levan a ningún bo porto, a nada bo. Só falando enténdese a xente.

 

27/01/15

Reo

Comentario de Christian Oro García


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
Reo é unha novela na que un mozo amosa as súas inquedanzas a través da cultura urbana e na que aparecen algúns dos problemas aos temas que se enfrontan os rapaces de hoxe en día; dende o problema da droga, el ve como un compañeiro morre, ou ás diferentes tribus urbanas na que cada un intenta oporse e gañar aos demais. Vemos tamén como se namora ou como ve ao seu pai deitado no sofá deprimido porque queda no paro.
Quizais todos quixéramos ser  Re e pór as nosas formas de pensar, as nosas denuncias ou a moza a que queremos nas paredes da nosa cidade... No antigo Manuel Rivero chama a atención unha moza con grandes ollos azuis que amosan tal vez o carácter aberto do seu pintor...  A liberdade de expresión debe ser un dereito e Reo amósao na súa obra.

26/01/15

Reo

Comentario de Cristina Costela


Reo
Xesús Fraga
Galaxia

Este libro de Xesús Fraga non foi un libro que me chamara moito a atención, nin foi un dos mellores que lin. Quizais pareceume un pouco monótona a guerra entre grafitteiros. Aínda que penso que non os deberían ter tan controlados, porque Reo só utilizaba o graffiti como medio de expresión, non o utilizaba como medio de vandalismo, é dicir, non escribía en monumentos nin en lugares emblemáticos.

Ademais, moitas veces cando un vai pola rúa e observa as pintadas e frases que hai, sácanche sorrisos, porque verdadeiramente che transmiten algo. Polo que na miña opinión creo que esa arte, tamén se debería valorar, e, en vez de pintar en paredes ou baixos, poderiamoslle adicar ou ceder algúns muros, para que plasmaran neles os seus pensamentos, e así que todo o mundo puidera expresarse.

Foi un libro que non me chamou demasiado a atención pero que me resultou doado de ler. O que si me gustou é como o autor introduciu na novela mensaxes que nós estamos acostumados a mandar e recibir, como por exemplo son os whatsapps; ese asubíos que se andan a escoitar a diario nas rúas, nas casas, bares..., tan comúns aos nosos días.

Deste libro o que máis me intrigou foi a amizade que xorde entre Cora e Reo e a súa fuga. Non pense, que iso quedara tan só nunha amizade,  e sempre imaxinei que acabarían sendo algo máis que amigos.

É un libro co que aprendes algo sobre a vida dos grafitteiros e á xente que lle guste isto dos grafittis é un libro que lle vai gustar, polo que llo recomendo.