ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/01/15

Reo

Comentario de Cristina Costela


Reo
Xesús Fraga
Galaxia

Este libro de Xesús Fraga non foi un libro que me chamara moito a atención, nin foi un dos mellores que lin. Quizais pareceume un pouco monótona a guerra entre grafitteiros. Aínda que penso que non os deberían ter tan controlados, porque Reo só utilizaba o graffiti como medio de expresión, non o utilizaba como medio de vandalismo, é dicir, non escribía en monumentos nin en lugares emblemáticos.

Ademais, moitas veces cando un vai pola rúa e observa as pintadas e frases que hai, sácanche sorrisos, porque verdadeiramente che transmiten algo. Polo que na miña opinión creo que esa arte, tamén se debería valorar, e, en vez de pintar en paredes ou baixos, poderiamoslle adicar ou ceder algúns muros, para que plasmaran neles os seus pensamentos, e así que todo o mundo puidera expresarse.

Foi un libro que non me chamou demasiado a atención pero que me resultou doado de ler. O que si me gustou é como o autor introduciu na novela mensaxes que nós estamos acostumados a mandar e recibir, como por exemplo son os whatsapps; ese asubíos que se andan a escoitar a diario nas rúas, nas casas, bares..., tan comúns aos nosos días.

Deste libro o que máis me intrigou foi a amizade que xorde entre Cora e Reo e a súa fuga. Non pense, que iso quedara tan só nunha amizade,  e sempre imaxinei que acabarían sendo algo máis que amigos.

É un libro co que aprendes algo sobre a vida dos grafitteiros e á xente que lle guste isto dos grafittis é un libro que lle vai gustar, polo que llo recomendo.

Sen comentarios