ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/08

Calella sen saída

Comentario de Thalía Troitiño


Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia


Este libro gustoume moito xa que, como dixo o autor, aínda que puntos de ficción mostra como viven a inmigración millóns de persoas. A gran maioría é tratada inxustamente, arredor deles créanse estereotipos inxustificados, inxustos e perversos que levan a moitos á miseria e até á morte...
O protagonista do libro é un inmigrante africano que chega a España cunha tarxeta de visita para prolongar os seus estudos cunha bolsa, bolsa que xamais lle será concedida. Logo debe marchar a Galicia para conseguir un mellor traballo. Aquí é detido dúas veces, e coa segunda o autor deixa un final aberto coa posibilidade da marcha ou non.
Recomendo este libro porque axuda a comprender mellor polo que teñen que pasar estas persoas e o inxusta que é a xente, nós.

Sobre o autor:
O tempo resultou moi escaso para o moito que había que falar.
Víctor presentouse como unha persoa amable, expresiva, intelixente... El é un dous poucos inmigrantes da África subsahariana que aquí acadaron unha vida digna e xusta. Falouno a través do libro da súa historia. Segue moi pendente do problema da inmigración, pero non só dos do seu país, senón de todo o mundo. Contounon como con 300€ mantén a toda a súa familia alá, nada menos ca 9 irmáns (e respectivas mulleres e fillos). É incrible o que se pode facer con poucos cartos nun país en desenvolvemento... se nós queremos que o sexa. Contou como aos países desenvolvidos lles convén que aqueles teñan problemas xa que así saen beneficiados.



17/05/08

Dez negriños

Comentario de Carla Gómez Ferradás

Dez negriños
Christie, Agatha
Galaxia



Hai unha canción na que se basea toda a historia dos crimes que se cometeron na Illa do Negro, aínda que é moi difícil ou case imposible adiviñar quen é o asasino. Xa que cando se narra no epílogo a conversación dos inspectores dinse cousas novas, é cando se sabe toda a verdade porque todo o libro vai transcorrendo con moita intriga e mentiras.
Gustoume moito, coma todos os outros que lin. Se vos gusta este tipo de libros, recoméndovolo.

11/05/08

O asasinato de Roger Ackroyd

Comentario de Marcos González

Asasinato de Roger Ackroyd
Agatha Christie

Galaxia



Desde o principio gustoume o libro, e sospeitei seriamente de quen foi o asasino... e resultou ser o detective! que chasco! Gustoume moito a personaxe de Caroline, unha especie de detective a pequena escala, enterándose dunha morea de cousas. Pero o que máis me gusta é o xeito de investigar de Poirot, este detective é todo un descubrimento! Para nada esperaba a resolución do caso, a escritora usa uns bos trucos: o final é o máis inesperado do mundo, moi orixinal.
Gustoume moitísimo este libro, máis ca nada o final, o que xa vén sendo constume nos libros que lin desta escritora.

07/05/08

Un home que xaceu aquí

Comentario de Thalía Troitiño


Un home que xaceu aquí
Aníbal C. Malvar
Sotelo Blanco



Este libro, coma todos os de misterio, gustoume moito. Pero sen dúbida esta historia tivo algo especial: tan pronto como comecei quería devoralo.
Creo que a historia que conta é moi enxeñosa. Os personaxes son moi reais, convincentes. Un deles vese envolto nunha historia por mor de "xacer aquí", algo que o leva ata o límite das súas facultades e inquedanzas.
O final do libro é totalmente sorpresivo, algunhas cousas non as maxinaba nin de lonxe!
Recomendo encarecidamente este libro: imposible que non vos guste! É unha gran historia na que mestura misterio, amor e paixón pola lectura.

06/05/08

O neno do pixama a raias

Comentario de Patricia Taboada Espiño

O neno do pixama a raias
Jhon Boyne

Faktoría K

Un libro impresionante, a verdade.
A historia que conta paréceme moi triste e ao mesmo tempo preciosa.
Dous nenos completamente diferentes e que se coñecen casualmente.

Houbo algo que me chamou moito a atención, algo no que eu nunca pensara: o neno xudeu era máis listo, sabía máis da vida, porén o alemán non se enteiraba de nada do que sucedía ao redor, quizais polo feito de telo todo sen ter que pasar esforzos, coma se estivese nunha burbulla e non percibía o que sucedía ao seu arredor.
Por outra parte, é un libro moi duro, a pesar de ser real.
En canto ao final, non mo esperaba, desde logo.
Este libro paréceme unha historia preciosa para facer unha película!

05/05/08

A miña planta de laranxa lima

Comentario de Enma Vázquez

A miña planta de laranxa lima
José Mauro de Vasconcelos
Primerapersona



Este libro está dividido en dúas partes, das cales a primeira non me enganchou, pero a segunda encantoume. Gústame como describe as cousas, a pesar dese ambiente familiar tan tremendo.
É un libro precioso, que recomendo porque ata podería ser real.

04/05/08

Asasinato no Orient Express

Comentario de Thalía Troitiño

Asasinato no Orient Express
Agatha Chistie
Galaxia



Gustoume moito e pareceume un libro moi interesante. É un misterio que atrapa o lector e que crea neste a necesidade de saber como acaba. Sen dúbida, creo que Agatha Christie, con todos estes libros, creou un gran personaxe: Poirot. Este é quen de facer dubidar no momento en que parecía que todo estaba solucionado. Ten unhas cualidades impresionantes, brillantes.
O final deste libro é raro, pero espectacular e inesperado, despois de todos os rodeas que dá.
Recomendo este libro, pois considero que paga a pena lelo. Tamén teño que dicir que aínda que non gusten os libros de misterio, os libros desta escritora son verdadeiramente entretidos, e por probar non se perde nada!.

03/05/08

A miña planta de laranxa lima

Comentario de Andrea Díaz


A miña planta de laranxa lima
José Mauro de Vasconcelos
Primerapersona


O neno protagonista é un neno encantador, un deses que é imposible non querer, aínda que ás veces tamén é traste: gustoume moito a historia e lina dun tirón. É unha historia moi emocionante que case me fixo chorar, unha desas que che gustan tanto que te imaxinas os escenarios, as caras, as accións, a plantiña de laranxa lima. Esta historia fíxome soñar coma unha nena pequena, igual que ao protagonista.

02/05/08

Cruceiro de verán

Comentario de Andrea Díaz

Cruceiro de verán
Truman Capote
Galaxia


A historia que vive a protagonista é a que nos gustaría vivir a todos nós, ou polo menos a min encántame a idea de quedar todo o verán soa na casa, sen que me vixie ninguén, baixo a miña propia responsabilidade, e máis vivindo en Nova Iorque. Gústame moito esta historia de amor pero o certo é que o mozo intrígame, a súa personalidade ponme nerviosa e ata cheguei a enfadarme con el. Aínda que ela tamén ten o seu, ás veces tan madura e outras tan insegura. A personaxe do mellor amigo dela encantoume, é simplemente o rapaz perfecto, e esta historia tivese final feliz a min gustaríame que fose con el, aínda que para iso tería que dar mil voltas. Os personaxes resultan ser máis complicadas do que parece e todo ten unha especie de dobre sentido ou unha especie de metáfora.
Encántame como escribe este autor: engancha.
O final é excepcional, magnífico. Digno dun libro coma este: simplemente perfecto.

01/05/08

Calella sen saída

Comentario de Luis Segade Penela


Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia




O libro está ben pero a temática paréceme demasiado realista e dura; a calquera non lle gustaría estar na pel dun inmigrante, xa que sofren discriminación e xenofobia. Gústame o libro e como o autor é quen de plasmar o sufrimento desa vida inmigrante á que ás veces pechamos os ollos e preferimos mirar para outro lado.