ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/05/08

Calella sen saída

Comentario de Thalía Troitiño


Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia


Este libro gustoume moito xa que, como dixo o autor, aínda que puntos de ficción mostra como viven a inmigración millóns de persoas. A gran maioría é tratada inxustamente, arredor deles créanse estereotipos inxustificados, inxustos e perversos que levan a moitos á miseria e até á morte...
O protagonista do libro é un inmigrante africano que chega a España cunha tarxeta de visita para prolongar os seus estudos cunha bolsa, bolsa que xamais lle será concedida. Logo debe marchar a Galicia para conseguir un mellor traballo. Aquí é detido dúas veces, e coa segunda o autor deixa un final aberto coa posibilidade da marcha ou non.
Recomendo este libro porque axuda a comprender mellor polo que teñen que pasar estas persoas e o inxusta que é a xente, nós.

Sobre o autor:
O tempo resultou moi escaso para o moito que había que falar.
Víctor presentouse como unha persoa amable, expresiva, intelixente... El é un dous poucos inmigrantes da África subsahariana que aquí acadaron unha vida digna e xusta. Falouno a través do libro da súa historia. Segue moi pendente do problema da inmigración, pero non só dos do seu país, senón de todo o mundo. Contounon como con 300€ mantén a toda a súa familia alá, nada menos ca 9 irmáns (e respectivas mulleres e fillos). É incrible o que se pode facer con poucos cartos nun país en desenvolvemento... se nós queremos que o sexa. Contou como aos países desenvolvidos lles convén que aqueles teñan problemas xa que así saen beneficiados.



Sen comentarios