Comentario de Nuria Jar de la Fuente
Momo
Michael Ende
Quelibroleo
Momo é un libro que pertence á temática de literatura fantástica do escritor alemán Michael
Ende, no que trata como tema principal o tempo e a forma en que cada un interpreta a súa perda.
Un libro dirixido cara aos nenos que deberían ler moitos adultos .
Momo , a protagonista deste libro , é unha nena orfa que vive nas ruínas dun antigo anfiteatro.
Caracterízase polo ben que escoita aos seus amigos , que unha vez que empezan a falar con ela son
quen de solucionar os seus problemas e de buscarlle remedio as súas preocupacións .É unha nena
moi solicitada e prezada por todo o mundo , o que vai supoñer un problema para os Homes Grises
que intentarán facer desaparecer á nosa protagonista .
O que máis me gustou desta novela é como o autor trata un concepto tan abstracto como é o
tempo dende unha perspectiva entendible para un neno . Michael Ende critica a obsesión que ten a
sociedade por aforrar tempo , e do que isto implica para todo o mundo : que a vida se volva de cor
gris. Resúltame interesante que ao longo de todo o libro poidamos atopar mostras de rebelión por
parte dos nenos , nenos que loitan pola amizade , pola felicidade e sobre todo polo tempo dos seus
pais .
Para o meu gusto o principio faise pouco ameno , pero unha vez que empeza a historia non
podes parar de ler . Hai partes un tanto desconcertantes , como o xiro que lle dá o autor á obra coa
aparición dos Homes Grises , xa que para min foi totalmente inesperado . Fai que se perda parte da
maxia que conseguiu adquirir a historia desde o principio , a cal co paso dos capítulos se vai
recuperando e fai que vivas case en primeira persoa a aventura de Momo . O autor trata temas
como a vida e a morte dun xeito fermoso , sen dúbida ningunha.
Unha das miñas frases favoritas
deste libro é “ Se os homes soubesen o que é a morte, xa non lle terían medo . E se xa non lle
tivesen medo , ninguén podería roubarlles , nunca máis o seu tempo de vida “.
Ao meu parecer , esta é unha novela que debería ler todo o mundo , con toques de fantasía que
achegan á realidade , e que nos deixa cunha ensinanza fermosa : o tempo non se malgasta cando o
pasas coa xente que queres . Dende logo , volverei a ler este libro .
Sen comentarios
Publicar un comentario