ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/06/18

Amor é unha palabra coma outra calquera


Comentario de Carlota Vázquez Pacheco


Amor é unha palabra coma outra calquera
Francisco Castro
Galaxia




Para comezar,como podemos observar,este libro fálanos do amor... pero non do amor que estades a pensando, non é o amor romántico nin o que estamos acostumados a ver e ler nas novelas románticas, senón que nos fala do amor que Carla, a protagonista neste caso, sente, vive, soña, e sobre todo o amor que lle falta.
Carla é unha rapaza moi insegura, que a partir de coller os seus cascos e saír a camiñar polas rúas de Vigo, escoitando música, vólvese máis forte. Carla sentíase moi protexida pero no momento que perde o seu punto de gravitación, neste caso o seu marido, empeza a sufrir.
En tres días imos coñecer unha Carla totalmente distinta, xa que se converteu nunha persoa moi independente.
Gustoume moito este libro, porque Carla amosa o poder que temos a mulleres, o poder que temos a elixir con quen queremos estar e tamén o poder de facer o que realmente queremos facer, xa que somos LIBRES.
Por último, quero recomendar este libro a todas as mulleres que nalgún momento se sentiron mal e sufriron por culpa da súa parella, e tamén a todas as rapazas que están a tempo de cambiar a súa vida e empezar a crer en si mesmas.

Sen comentarios