ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/06/17

Frankenstein ou o moderno prometeo

Comentario de Roberto Agra


Frankenstein ou o moderno prometeo
Mary Shelley
Galaxia 





Que podo dicir de un libro tan bo coma este? Un libro que fixo a meu corazón encollerse pero tamén fixo que latese con gran velocidade impulsado pola emoción, o suspense e a tensión. Mary Shelley demostrou ter un gran talento para escribir e dar vida ao xénero do terror.
Cando empecei a lelo, non entendía como a historia acabaría virando cara a como se creou o demo antagonista da novela. Un soñador que se embarca nunha aventura de exploración, non entendía como iso tería que ver coa monstruosidade que todos coñecemos.
O protagonista inspiroume compaixón dende o principio, e sentín dor con todas as desgrazas que lle ocorreron por culpa do monstruo que el mesmo creou. Debo dicir tamén, que a biografía que o protagonista relata de si mesmo é simplemente magnífica, toda a evolución que se viu obrigado a sufrir dende o momento en que pensou que se convertera en pouco menos que un deus ata que remata na máis profunda das amarguras.
En definitiva, Frankenstein roza o atributo de obra mestra, só hai uns pequenos detalles que me desagradaron e que nin sequera merecen mención. 
Esta é unha lectura máis que recomendada para aqueles que disfrutan do xénero que busca espertar o medo no interior das persoas.
 

Sen comentarios