ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/12/16

O enigma de Caronte

Comentario de Roberto Agra



O enigma de Caronte
Carlos Vila Sexto
Galaxia




Como me gustan os libros de misterio, dá gusto ler un bo libro deste xénero e sentir como o suspense se vai  impoñendo en cada xiro da novela, en cada punto crucial da mesma. Ler este libro foi un auténtico pracer, aínda que ao principio non me engachase.
A historia comeza cando un mozo está a escapar duns misteriosos homes, o mozo remata por tirarse ao mar e morrer. Logo diso os seus amigos empezan a sospeitar que a súa morte non foi un accidente senón un asasinato.
Os personaxes van evolucionando ao longo da novela, cada un co seu propio problema persoal, o cal vai desenvolvéndose en paralelo coa historia principal. Se tivese que escoller ao personaxe máis misterioso e sorprendente de todos, escollería sen dubidalo a Souto.
A novela xoga moito coa alternancia de historias, cortando a historia principal nun punto crucial para proseguir con ela máis tarde e centrarse nese momento na historia do estaleiro do pai dun dos protagonistas. Esta alternancia fai que busques seguir lendo para enterarte de que pasa logo na historia principal.
Como valoración final, teño que recoñecer que ao principio o libro non rematou de engancharme pero conforme fun lendo dinme conta de que o libro é un dos mellores que lin.

Sen comentarios