ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/16

Enderezo descoñecido

Comentario de Zaira Míguez



Enderezo descoñecido
Kressman Taylor
Xerais 
 
 
 
Enderezo descoñecido nárranos a correspondencia que se establece entre Max, un xudeu americano e Martin, un alemán que volve a súa terra natal durante a época de Hitler. Ademais tamén nos fala dun amor que houbo entre a irmán de Max, Priscilla, e Martin, do cal súa muller Elsa non sabe nada.
A medida que vamos lendo observamos un avance psicolóxico de Martin ao chegar a Alemaña no que pouco a pouco vai rexeitando a raza xudía e acepta a autoridade de Hitler facendo así que este  non queira saber máis nada de Max por medo a que o maten, a quen nalgún día o considerara un irmán. O libro móstranos como a sociedade pode cambiar a unha persoa  por medo a ser xulgado e como a xente se une ao bando equivocado para ser levado ao triunfo, a pesar que isto mate a miles de persoas inocentes.
Gustoume moito o libro e algo a destacar del é a súa axilidade para ler, ademais que é moi curto ten un poder atrapante. O que non foi do meu agrado foi o final xa que esperaba que Martin se dera conta das inxustizas da súa terra volvera a América e que todo fora como antes de voltar a Alemaña. Un feito que me marcou moito foi a morte de Griselle e como Martin mirou atrás aínda que el cría que a axudara.
Recomendo moito este libro xa que a pesar das súas sesenta páxinas abráiate coa cercanía da realidade que trata . Ademais achégate moito a esa Alemaña nazi pasada, da que aínda hoxe se fala.
 

Sen comentarios