ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/12/16

Alicia no país das marabillas

Comentario de Lorena Vázquez Codesido


Alicia no país das marabillas
Lewis Carroll
Xerais


Este libro saca o lado máis fantasioso e imaxinativo dunha persoa, neste caso, o meu.
Ao ler o libro, a imaxinación e a forma de ver a vida da protagonista, vaite involucrando no libro, unha das cousas que máis me sorprende é a confianza que exerce Alicia sobre os personaxes deste conto, como por exemplo cando quixo entrar no xardín máxico e bebeu a poción para minguar de tamaño.
A súa relación co reloxeiro, co coello, coa eiruga (e a súa falla de entendemento entre eles), e o xogo do croquet coa raíña…. demóstranos a facilidade que tiña Alicia para facer amigos.
Eu creo que o único malo que ten este libro é o final , que parece que o autor o contou de corrido, querendo acabalo canto antes.
O que sen dúbida máis me gusta é o surrealismo da historia e os xogos de lóxica que presenta cada unha da súas páxinas, ademais tamén se poden apreciar as críticas que abertamente fai o autor sobre a sociedade.
Non resulta un libro aburrido, creo que podería lelo un montón de veces e xamais perdería a súa esencia. O libro en si é un pouco tolo, pero como di o gato de Chesire: ”Aquí todos estamos tolos”.
Se alguén me pedira consello para mercar un libro sen dúbida entre outros, recomendaríalle este. Porque creo que á pesar da idade que teña o lector vaille aportar algo diferente.
Este intre que pasei ao carón da xanela, recordando este libro que acabo de ler, fíxome chegar á conclusión de que todos aportamos algo, aínda que non sexamos semellantes.

Sen comentarios