ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/11/16

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Roberto Agra


O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños
Fernando M. Cimadevila
Urco
Debo admitir que cando empecei a ler este libro, non o fixen con moitas esperanzas de que me fose gustar e collino por cumprirlle o gusto a un amigo, pois non son moi afeccionado ao xénero fantástico, pero pouco a pouco funme quedando abraiado con como Fernando Cimadevila, o escritor, dirixía a historia. O que acabou de conquistar o meu corazonciño de lector foi que o libro non está baseado na literatura fantástica clásica.
Sen destripar moito o argumento, o libro trata da búsqueda que o prefesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter empreden en busca da resposta de por que un extraño felino se colou na habitación de Peter para roubarlle os seus soños.
Os personaxes merecerían a súa propia crítica na cal só falase deles pero tratarei de facer un pequeno resumo e só contar o que na miña humilde opinión é o máis destacable deles. Todos os personaxes teñen un carisma que fai que desde o primeiro momento que os coñeces te inviten a seguir lendo para descubir máis sobre eles; iso si, a min os personaxes que máis me gustaron foron Basilius e Duncan que, pese a que este último faga acto de presenza só cara ao final do libro, ambos os dous son personaxes que a min me pareceron do mellorciño do libro.
En resumo e acabando con esta crítica, "O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños" é un gran libro que fixo que en canto o acabei fora directo a ler tanto a segunda parte como a terceira, as cales non defraudan se o que se busca son máis aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter.

Sen comentarios