ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/11/16

Marta ante o espello

Comentario de Noa Presas González


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais






Marta ante o espello é un monólogo teatral no que esta rapaza, Marta, duns apenas 17 anos nos conta como afectou a anorexia á súa vida e á dos seus familiares diante dun espello. Esta rapaza tópase nun lugar soa, onde xa non sente, non ri, ou sexa o limbo, dinos que foi todo un alivio deixar de oír os consellos da xente, o empeño de súa avoa porque comera que tan nerviosa a poñía, deixar de escoitar a súa nai chorar e deixar de odiarse a si mesma e ao seu corpo.

Vemos como empezou todo, cando o de adelgazar se converte nunha obsesión, logo como cada bocado de comida se converte en remordementos porque vai engordar, a necesidade que ten de pesarse todos os días e ver que segue adelgazando ou máis ben matándose.
Tamen nos fala da bulimia, como se empachaban as súas amigas e logo ían ao baño a vomitar todo.

Ata que logo se da conta, de todo o que perdeu por esta estúpida enfermidade cando se ve a si mesma como era antes de estar nese sitio, vese un saco de ósos, e desexa volver, desexa pedirlle perdón a seus pais, a avoa, ter as súas cousas con ela outra vez,estar na súa casa, volver a vivir…
Pero iso non pode ser, e todo esvaece.

Na miña opinión aborda con crueza, e moita ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, o que me parece ben porque así non soamente nos fai darnos conta ás lectoras máis novas que o adelgazar non se pode converter nunha obsesión, senón tamén aos lectores máis vellos a poñerse alerta a recoñecer este tipo de situacións polo que me parece interesante.

Sen comentarios