ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/04/16

Un amante fantasma

Comentario de Silvia Bruguera


Un amante fantasma 
Vernon Lee
Hugin e Munin



Esta novela curta comeza falando do bosquexo que fixo un pintor e que non logrou rematar pola complicación daquel cadro.
Para contar a súa historia ten que remontar ao día en que lle encomendan retratar a Alice Oke e o seu marido William Oke. Para este traballo o artista tívose que trasladar a casa dos Okehurst. Unha vez instalado alí, o pintor comeza a estudar psicoloxicamente a Alice, porque lle parece unha muller dificil de retratar.
Alice é caracterizada por ser unha muller exótica, cunha gran elegancia e pola súa perversidade; non lle dá moita importancia ao seu marido ou as súas visitas que recibe na súa casa; o único polo que mostra interese é unha lenda dos seus antepasados.
O marido de Alice, William paréceme un personaxe que quere profundamente a súa esposa, pese que saiba que ela nunca o quixo. Sospeita de que a súa esposa estea con outro home, pero non a culpa a ela, culpa ao seu suposto amante, soamente desexa o benestar da súa muller. Tamén é moi forte psicoloxicamente xa que atura todos os comentarios que fai Alice para facerlle tolear co fantasma de Lovelock.
O meu persoaxe favorito sen dúbida é Alice; xa que é unha muller moi misteriosa que ao longo da novela dános a coñecer novos rasgos do seu carácter.
Pese que a historia sexa contada polo pintor, penso que vai enfocada a Alice e a lenda que coñece dos seus antepasados.
O narrador non revela moitos datos sobre el mesmo, narra o que sucede e dá a súa opinión do que ve reflexado na casa, e fala do comportamento que adoita ter a parella entre sí. Pero en ningún momento da historia nos aporta datos sobre a súa vida persoal, salvo que é pintor e ise dato é o que dá pe a historia.
Unha das partes que me gustou foi cando chegan os familiares dos Oke a Okehurst, e un deles propón disfrazarse coas vestimentas das antigas xeracións que tiñan gardados nun cobertizo. Cada un escolle un traxe e Alice vístese coa roupa de montar da súa atepasada deixando así aos seus invitados abraiados.
Se tivese que escoller a miña parte favorita do libro; sería cando Alice decide ir a montar a cabalo e lle ofrece ao pintor que vaia con ela; pasan toda a tarde cavalgando a gran velocidade ata chegar ao campo onde mataron a Lovelock, alí é cando lle acaba de narrar a historia da súa morte.
Ademáis de haber partes que me agradaron tamén houbo algunhas que non o foron tanto; como no comezo do libro; xa que ao meu parecer a historia desenvolveuse moi lentamente.
Outra parte do libro que non me gustou foi no final do libro cando narra o comportamento de Alice que intenta sacar de sí ao seu marido, facendo comentarios con respecto aos seus antepasados sabendo que non lle agrada ese tema de conversación.
Na descripción da mansión chamoume a atención unha estancia; a sala amarela, na que ningún familiar dos Oke estivo só naquela habitación polo temor de que aparecese o fantasma de Lovelock.
En resumo este libro dá a entender que Alice estivo namorada dun fantasma, que seguía rondando a súa casa, e que por iso non estaba pendente do que sucedía aos seus arredores. Estaba metida nos seus pensamentos con Christopher.

Sen comentarios