ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/04/16

Millo verde


Comentario de Andrea García Méndez



Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
Este libro desconcerta a calquera que lea o título. Pódese pensar  que vai de labregos que discuten polos marcos dos prados ou sobre as miserias que pasaron noutros tempos e que nós seguramente pasaremos, vendo como vai o país, pero non, o libro trata algo totalmente diferente.
 Á inxustiza a que é condenado e metido no cárcere un profesor  por suposta violación dunha alumna, os pesadelos que ten e as agresións físicas e psicolóxicas as que é sometido por parte dos veciños, a influencia dos medios de comunicación na mentalidade das persoas e os problemas que sofren unha nai e máis filla por culpa do pai e marido bébedo, a pouca precisión da xustiza ao haber filtracións en información confidencial.
Para min foi un libro bastante entretido aínda que o principio non enganche moito, ó final termina sendo un libro que te “agarra” ata as derradeiras páxinas. O final e algo raro pero supoño que o autor quixo facer unha sátira de todo o que lle acontecera o personaxe.
 

Sen comentarios