ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/04/16

Botchan

Comentario de María Rodríguez


Botchan 
Natsume Soseki
Rinoceronte





“Botchan” de Natsume Soseki é o primeiro libro que leo deste autor. Conta as dificultades dun xove profesor de Tokio que traballa  por primeira vez nunha escola rural, nunha illa. O protagonista é un personaxe impulsivo, cabezota pero tamén idealista e inocente. Eu creo, que o seu carácter ven marcado pola  infancia que viviu. Botchan, despois da morte de súa nai, a relación co seu pai non é boa pero vese que tampouco lle preocupa. Tivo o apoio e sobreprotección de Kiyo. O relato empeza coas súas travesuras de neno deixando ver o gran cariño mutuo que  tiñan entre  a coidadora, Kiyo, e Botchan, a falta do dos seus pais.
Unha vez que acepta o traballo de profesor de matemáticas, non só é vítima das trasnadas dos seus alumnos e alumnas, senón que tamén se enfronta a unha mala relación cos seus compañeiros. As relacións profesionais entre o profesorado atópase con moita falsidade. Barchan, nada mais chegar ao colexio, empeza a pórlles motes relacionados co seu físico a todo o profesorado sexan ou non amigos. O protagonista, por ser de Toquio, crese superior aos provincianos.
 A súa inexperiencia e a súa dificultade para expresar as diferenzas fai que haxa certa crispación e que teña problemas para adaptarse tanto ao alumnado como aos seus compañeiros.
Nesta novela percíbese certa dignidade, honradez, nobreza pero por outra parte tamén invita a reflexionar sobre a hipocrisía e a envexa na relacións entre os adultos.
A lectura desta obra é sinxela e divertida. Encontrei escenas moi entretidas e graciosas polo que me fixo amosar o sorriso, aínda que as veces tamén me daba moita pena  Botchan.
Recoméndoa!
 

Sen comentarios