ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/04/16

A casa de Mango Street

Comentario de Cristina Costela Seara



A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Rinoceronte





A Casa de Mango Street de Sandra Cisneros foi unha historia que ao principio custoume entender e engancharme, pero pouco a pouco foime gustando e foi unha novela que me gustou moito, xa que me transmitiu bastantes emocións. É unha novela que me conmoveu, sorprendeume e divertiume.
Este libro conta a historia de Esperanza, unha nena de 14, que crece nun ambiente onde a tradición mestúrase con novos estilos de vida.
   É unha historia contada a través de viñetas onde ao comezo nos presentan os personaxes e cóntanos como estes foron afectados pola pobreza, polo exilio...
   A vida de Esperanza non foi fácil, e iso foi o que máis tristeza me transmitiu. Ela tiña vergonña de que a súa familia fose pobre e en varios momentos mente para esconder que é pobre, por exemplo cando di que vive noutra casa ou ao ir á festa esconde os seus zapatos feos. Ademais foi agredida sexualmente dúas veces, unha por un señor maior que a obrigou a bicalo e outra foi violada por uns rapaces. Por isto, a súa adolescencia foi moi dura.
   Estes escenas fixeron que sentise impotencia e rabia, de que exista xente que poida facerlle ese tipo de cousas ás mulleres ou nenas, obrigalas a facer cousas que elas non queren, paréceme fatal e oxalá deixe de existir xente deste tipo.
   As amigas de Esperanza tamén sofren, Alicia perde a súa nai e despois seu pai obrígaa a madrugar para que cociñe e Sally soporta malleiras de seu pai, entón ela decide casar para escapar do seu pai, pero non escapou das malleiras xa que despois o que lle pega é o seu marido, por exemplo non lle deixa chamar por teléfono, mirar pola ventá e non sae da casa ela soa por se a el lle molesta.
   Esperanza ao ser testemuña da situación das súas amigas e de que casan para escapar do abuso dos pais terminando soportando o abuso dos maridos decide marchar de Mango Street. As súas irmás convéncena para que volva a axudar a aqueles que non poden escapar tan facilmente e dinlle que traballe para facer de Mango Street un lugar mellor.
Un libro que recomendo ler sen dúbida !

Sen comentarios