ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/03/16

Un cesto de mazás

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Un cesto de mazás
Montse Fajardo

Este libro decidino ler porque escoitei falar moi ben de el e recomendáronmo moitas persoas. 
“Un cesto de mazás” é un libro bastante fácil de ler debido á linguaxe que utiliza e non é un libro tampouco moi extenso.
 O libro gustoume bastante, xa que transmite moito sentimento e tristeza nas súas historias, e que conta dunha maneira biográfica a vida destas, o que fai tamén que pareza máis realista. Nas historias conta sobre todo a vida de xente humilde que deixa de estar “encerrada” debido ao fascismo daquela época, e non só a esa xente humilde senón tamén as súas familias.
Neste libro houbo moitas historias que me chagaron ao fondo de min, pero sobre todo unha na que conta que Manolo estivo agochado durante un tempo con moita valentía, e tamén con esa valentía remata por entregarse. Se non recordo mal este historia titulábase Levaron o fiscornio.
Este libro fíxomo comprender como era a vida durante a Guerra Civil e a ensinarme cousas que nunca se me ocorrerían que se facían naquela época. Este libro é unha boa fonte de información para aquela xente que quere aprender cousa sobre a Guerra Civil, así que recoméndollo a todo esa xente que estou seguro que lle ha de gustar.

1 comentario:

Guillermo Fernández Portas dixo...

Montse Fajardo reflexa con exactitude o dura e o cruel que foi a etapa franquista a través de este libro. "Un cesto cheo de mazás" foime una novela moi doada de ler, polo seu linguaxe e pola súa extensión. Recomendáronmo os mes compañeiros pero non sabía de que ía tratar ata que o abrín, xa que non me dixeron o tema. Neste libro refléxanse, unha vez máis, as inxustizas do réxime franquista, a impotencia da xente a non poder expresarse libremente. Vemos como nunha das historias, un home ten que estar durante varios anos nunha corte, esto é algo que nadie debería pasar por elo simplemente por ter unha opinión. Pero como esto ocurría, non é ficción , é realidade, debemos tomar este libro coma exemplo, sabemos o mal que o pasaron gracias as diversas historias que nos conta e dámonos conta de que é una gran inxustiza. Gustoume moito o libro e anímome a ler máis libros de este estilo.