ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/01/16

Historias de Oregón

Comentario de Telmo García Castro


Diego Ameixeiras
Historias de Oregón
Xerais





Esta novela deixoume unha sensación rara, una mestura de gusto e disgusto.  Por unha banda gustoume, pero por outra non. A obra é  como un puzzle de historias que vas descubrindo mentres les. Esta técnica  narrativa resúltame ao principio interesante, pero chega un momento en que me cansa e acabo perdendo o fio das historias.

Nesta novela a historia de Camelia V.P.  si que me gustou, pero a dos membros da brigada antiincendios non a entendín. Creo que este escritor se manexa mellor  coas personaxes femininas porque para min  tamén foi moi sorprendente a historia de Aurora P.G. , esa muller maltratada que  se  vinga do seu cruel  home cuns coitelos comprados nunha teletenda.

Só unha desas dúas tramas bastarían na novela dende o meu punto de vista. Preferiría que o autor afondara máis unha delas e non informara de tantas outras. Así toda a narración gañaría para min, pero, claro, así o título non podería ser “Historias de Oregón”.
 

Sen comentarios