ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/01/16

Conduce rápido


Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais



Neste libro, Diego Ameixeiras amósanos a escura cidade de Santiago de Compostela. Amósanos con ela unha cidade que, os que non imos a miúdo alí, non coñecemos. Con todo isto refírome a temas como poden ser as drogas, a falta de diñeiro, os roubos,... Todos están entrelazados entre si, e son temas que, aparentemente a moitos lles parecerán irreais ou afastados e Diego fainos ver que non é así.
Grazas á descrición, detallada moitas veces, o autor permíteme deixarme levar polas palabras e imaxinar os meus persoaxes dunha forma parecida todos, descoidados, como Erika, Samuel, Garrido, Ventura..
Cómpre dicir que é un libro que custa ler, e non porque empregue vocabulario complexo, que todo o contrario, senón porque cambia moito de historias (cada dúas ou tres páxinas) e con iso, tamén de ambientes e personaxes. Iso fai que custe seguirlle o fío e poder chegar a enlazar todas as historias. É dicir, require unha lectura moi atenta.
En xeral gustoume, xa que me parecen temas adolescentes dos que podemos afastarnos se sabemos como son en realidade eses mundos, e este libro amósanolo á perfección. 

Sen comentarios