ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/11/15

Cousas


Comentario de Vanesa Lalín Pousa

 




Cousas
Castelao
Galaxia




Este é o primeiro libro que leo de Castelao. Cada historia vai acompañada dun debuxo moi concreto sobre ela e pareceume moi especial xa  que nunca lera un libro tan curto no que había tantas historias diferentes e o que máis me sorprendeu foi que ninguna delas tivera nada que ver unha con outra, cada unha delas contaba algo distinto, tan ben trataba sobre a pobreza nos galegos, a morte, o amor, a emigración como pasaba por lendas antigas a cousas da natureza. Pero o que si cadraba en todas era que o relato era breve, contaba algo preciso, sen moitas descricións, onde normalmente en cada relato había só un persoaxe principal que era o protagonista.
Por outro lado eu non souben con certeza en ninguna das historias a que sitio concreto se refería Castelao o que si penso e que todas elas trataban do rural pero un rural costeiro de Galicia .
Para min con este libro Catelao quérenos contar os problemas que nesa época sufría a sociedade galega onde os máis importantes eran a pobreza e a emigración como deixa ver en varias das historias.
Trátanse temas que foron moi importantes para entender mellor a vida neste caso do pobo galego, pero pensó que podería valer para describir a de calquera outro pobo que pasara polas mesmas situación. É dicir, debo destacar a súa universalidade.
Como resumo podo dicir que foi un libro que me resultou fácil de ler, pero non me enganchou demasiado porque era empezar un relato e remátalo xa, sen ter nada que ver co anterior, non había intriga, eu penso que canta máis intriga teñan os libros me están a gustar máis.

Sen comentarios