ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/15

A neta do señor Linh

Comentario de María Rodríguez González
 

A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
 
 
 
O libro A neta do señor Linh, de Philippe Claudel, cóntanos a soidade do señor Linh, un señor maior que perdeu toda a súa familia, agás a súa neta, por mor da guerra. Esa soidade e esa tristeza é soportada con menos dureza grazas a esta pequena.
O señor Linh abandona o seu país  e coñece ao señor Bark, encontrándose ambos en semellante  situación, a pesares de falar distintas linguas, xorden entre os dous homes  solitarios unha gran comprensión en silencio, con pequenos xestos, miradas, sorrisos...
Este libro describe, por un lado, o sufrimento, a resignación e a tristeza das secuelas da guerra ao arrebatar das mans os seus seres máis queridos. Por outro lado, a dozura e o gran amor que teñen os avós polos netos; encántame  o momento no que lle tararea  unha nana para adormecela.
Para min, o máis bonito que atopei nesta historia foi o valor da amizade e  entre os dous señores e o afán de superación, maneira na que conseguen ambos aliviar as penas e os sufrimentos.
Este libro engancha, unha vez que comezas apetéceche seguir ata o final. Pareceume moi fácil de ler. Véxoo como unha historia real que posiblemente moitas das nosas familias  sufriron  e que hoxe en día aínda ocorre como consecuencia das guerras.
É un libro que paga a pena lelo.

1 comentario:

ANXELA BARRIO dixo...

O libro é un reflexo da soidade posterior ao exilio provocado por unha guerra, que deixou nestas condicións a moitas persoas, entre elas, ó señor Linh e a súa neta.

Pareceume moi conmovedor e houbo partes onde transmitía unha tristeza que facía que entender a historia como se a estiveras vendo na realidade. É una historia que serve para aprender a valorar a verdadeira amizade e, que hai que loitar sen rendirse se queres conseguir algo. Sang Diu pareceume moi esencial na historia xa que, sin ela o señor Linh non sería capaz de afrontar a dura realidade.

Ademáis, aprendín o método de vida na aldea onde vivían e as diferenzas entre esta e a cidade.

Enganchoume moito, pois, sempre quería continuar lendoo, penso que é un libro recomendábel.