O libro consta de oito relatos que
tratan diferentes temas pero todos se
desenvolven no Nadal. Non me chamou moito a atención, xa que prefiro que trate unha soa historia, non varias.
O conto que
máis me gustou foi “O partido de Reis” que trata sobre un rapaz chamado Félix que ten síndrome de Down e que lle encanta xogar
ó fútbol pero os seus compañeiros metíanse con el e nunca o deixaban xogar. Cando tiñan algún partido fóra da escola,
Félix sempre se presentaba pero nunca era convocado. O día de Reis tiñan un
partido moi importante e faltáballes un xogador; pronto apareceu Félix moi
entusiasmado disposto a xogar. Aínda que
foi un partido bastante complexo, Félix marcou o gol da vitoria e todos
quedaron aparvados. Encántame a actitude
que teñen estas persoas, sempre contentas e loitando por conseguir un
obxectivo. Este relato ensínanos a valorar ás persoas que teñen unha discapacidade.
O conto que
menos me gustou foi “A chegada de Ingrid”. Non o entendín moi ben e pareceume
un pouco aburrido.
1 comentario:
Cando comecei a ler este libro, o primeiro conto non me gustou, e parecíame un pouco complicado de ler, pero a medida que fun lendo outros contos non me resultaba tan dificil de entender.
Houbo algúns contos que non me pareceron moi interesantes como "O partido de Reis" e algún máis. Pero en xeral gustáronme a maioría dos contos.
Publicar un comentario