ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Noelia García

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Este libro pareceume moi peculiar xa que narra diferentes contos, pero en todos é inverno e Nadal. Lendo este libro faite pensar como cada familia, en cada lugar do mundo, pasa o Nadal dunha forma diferente, algúns dunha forma máis divertida e outros non tanto.
A historia que máis me gustou e me chegou máis adentro foi “Noite de Reis”, como un rapaz con síndrome de Down loita día a día e fai o que máis lle gusta, que é xogar ao futbol aínda que os demais non sean capaces de valoralo. Nunca o deixaron xogar pero o día de Reis marcou o seu gran gol, polo que conseguiu a victoria, para el sería o regalo máis grande de Reis.
Outra das historia que mais me gustou foi “Madonna”, esta historia dálle nome ao libro e reflicte o importantes que son as nais para nós ata no mundo animal. O cariño que os animais collen cando de verdade lle das cariño e amor como facía aquela cega.
O relato que menos me gustou foi “Okay”, non me gustou porque facía unhas preguntas moi estrañas que non tiñan ningunha relación unhas con outras nin tiñan sentido, de feito eu ese relato non o entendín moi ben.
Ao principio do libro os dous contos non me gustaron moito pero a medida que o ía lendo funme interesando máis e non me decepcionou, aínda que algunhas tiñan uns finais tristes.
 

2 comentarios:

Miguel Oro Vence dixo...

Foi un libro que me gustou xa case dende o seu comezo, sendo claramente un dos mellores libros que lin de galego xa que todos os relatos escollidos me pareceron divertidos, en especial o que trata sobre as consecuencias do tráfico de drogas.
É sen dubida un libro moi acertado para os novos lectores xa que mestura poesía e ten un vocabulario moi ben escollido polo que fai moi doada a súa lectura e comprensión. Seria un libro que lle recomendaría ler os rapaces da miña idade.

Álvaro Diéguez dixo...

O que máis me intrigou ao lelo foi que cada conto era diferente e entón tíñame intrigado en como ía a ser o seguinte. Pero ao ser 8 contos, ao final cústache un pouco pillarlle o fío.
Como eran contos relacionados co inverno e co Nadal, entráronme gañas de que chegue o Nadal e tamén recordei esas tardes de choiva e frío do inverno.
Dos 8 contos, o que me produciu a ``morriña´´ do Nadal foi O Amor das Sombras, e despois o de A chegada de Ingrid custoume algo entendelo.
En resumo, o libro está bastante ben, e os que botan de menos o Nadal e o inverno, seguro que lles gusta este libro.