ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Silvia Bruguera


Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
Estes contos de nadal non me agradaron moito xa que en xeral foime complicado entendelos.
O conto que máis me gustou foi " O partido de reis " debido a que reflicte como é tratado un neno con síndrome de Down, una visión deste conto moi real; gustoume a parte na que narraba como este rapaz era coa caligrafía moi perfeccionista, máis tarde aparecía como outros rapaces o incitaban a fumar, é moi triste pero pese a isto agradoume moito lela, estaría ben facer un libro basado neste conto de nadal.
O que menos me agradou foi o primeiro; "O namorado de María" porque unicamente despois de lelo dúas veces, e con calma, fun capaz de comprendelo parcialmente. Un dos motivos da difícil comprensión foi nos personaxes que aparecen, xa que non se distinguía en que ocasión falaba cada un deles, engadíndolle a iso a falta de especificación do seu xénero.
O conto " Okay " foi como unha entrevista, non me dixo nada, e dicir que nin me agradou nin me desgustou.
" O carteiro de Papá Noel " :  non me pareceu correcto como un home, o mensaxeiro de papa noel, ameazou a un rapaz pequeno polo feito de que o insultara, xa que el sendo un home adulto tería que comportarse, nesta sociedade non se atoparía ben que lle dixese iso un personaxe público relacionado coas navidades a ningún rapaz.
O conto de " Madonna "o cal dá a coñecer o nome do propio libro, gustoume porque fala dun rapaz da nosa idade. De cómo é a súa vida e mais mostra o aprecio que ten cara a súa vaca.
O seguinte conto " O amor das sombras ": ao comezo custoume saber quen era Dandy, pero por sorte máis tarde comentouse quen era, senon entre o bacallau e Dandy non me daría de conta de que se estaba a falar.
" A barra de pan ": este relato fala dunha morte próxima e do respecto que manteñen hacia o defunto, non me agradou, polo simple feito de que non me gustan as historias tráxicas. Lendo esta historia atopei una oración moi fermosa que di así: Os mortos hai que deixalos ir. Non hai que tirar deles cara abaixo.
E o último conto de nadal do libro " A chegada de Ingrid " tampouco foi do meu agrado porque nunca me gustaron os contos, series ou películas relacionadas con bonecas que teñen algún misterio. Coma noutros contos anteriores non fun capaza de atopar o sentido a algunhas partes do libro.

2 comentarios:

Alba Ramos dixo...

Este libro non me acabou de interesar, aínda que me parece que é un libro que nos pode dar leccións para o futuro e non cometer algún erro.
Nos oito contos trata diversos problemas como a emigración, as drogas, o amor... Parecía que con eses contos do nadal me transmitía a calor da infancia, por esas datas, mentres estaba na cociña coa miña familia á calor do lume.

O resto non me produciu nada.

Ismael Silba Bardelas dixo...

Neste libro hai contos que me gustaron e outros non tanto. Trátanse varios temas como: o amor, a descriminación, a pobreza etc..
O que máis me gustou foi "O partido de Reis". Trata de Félix, un rapaz con síndrome de Down. Está nun equipo de fútbol onde os seus compañeiros o descriminan e non o deixan xogar, el aparecía sempre para os partidos e os compañeiros mandábanlle facer sempre de recollepelotas. Pero un día que lles faltaba un xogador para un partido importante e ían perdendo, pedíronlle a regañadentes que xogase. Ninguén confiaba nel; pero ao final marcou un gol, todos estaban moi contentos e o felicitaron.
Creo que o feito de que unha persoa sexa distinta non debería ser motivo para descriminala.