ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/05/15

Seda

Comentario de Andrea Rodríguez Dobarro


Seda
Alessandro Baricco
Rinoceronte
 
 
Este libro encantoume. Un dos mellores libros que lin de momento.
Unha das razóns polas que máis me gusta o libro é que está todo moi ben definido e os personaxes son moi interesantes. Tanto os personaxes principais coma os que menos aparecen na historia son moi importantes.
Outra das razóns polas que tanto me gustou este libro foi pola brevidade que ten, pero ao mesmo tempo con moito contido, e en todo momento está acontecendo algo totalmente imprescindible para a historia. Se faltase algunha parte dela, cambiaría completamente.
Impresionoume moitísimo o seu final, é algo completamente inesperado que non puideches imaxinar mentres lias o libro, pero que te sorprende favorablemente.
Soamente teño críticas boas para este gran libro e recoméndoo totalmente.
 

Sen comentarios