ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Miguel Oro Vence

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 


As mil e unha noites conta a lenda de que na antiga Persia o rei Shariar descobre que  foi traicioado pola súa muller tendo un amante.
O rei enfurecido matou ós dous. Durante tres anos vai matando una serie de mulleres novas causando o terror no reino.
Ata que a bela e astuta filla de Sherazade, fillo do primeiro ministro di que ten un plan para acabar con esa barbarie.
En resumo, unha muller que contando historias logrará salvar a vida e o amor do rei cada noite.
As mil e unha noites é unha fascinante historia inventada e preservada na tradición oral polos pobos árabes de Persia e a India.
Extremadamente habilidosa no xeito de contar, a protagonista consegue, ao final do libro, salvar ó seu reino e transformar o pensamento do seu  home.
O que máis me gusta é a riqueza de personaxes, as viaxes de Simbade, as aventuras de Aladim, Ali Babá e os corenta ladrón,s polo enredo envolvente e polos acontecementos sorprendentes. Son sempre viaxes a unha especie de paraísos, unas illas desertas con árbores frutais, lugares paradisíacos.
A obra está indicada para lectores de todas as  idades pero principalmente para mozos ávidos de aventuras. Inclúe contos, historias de amor, de relixións musulmáns, etc.
O seu autor  non pode ser atribuído a unha persoa soa, porque ten moito de tradición oral.
Como conclusión, poderíamos dicir que esta obra ensínanos como existen persoas que cometen erros e dano ós demais pero que pode cambiar de parecer se alguén os axuda.

1 comentario:

Miguel Taboada Gonzalez dixo...

O libro dás mil e unha noites gustoume moito. Pareceume un gran libro dado a que case todas ás historias orientais que coñecemos proveñen dese libro.As historias contadas achégante a cultura oriental, a súa relixión e a súa forma de entender o seu libro sagrado,o corán, así como a súa mitoloxía. Grazas a este libro puiden ver como eran as historias de Ali Baba e os corenta ladròns ou Aladino e a lámpada màxica antes de seren modificadas por Disney. A pesar de non ser ser tan famosas a min gustáronme tamen ás tres mazas ou o falcón leal.