ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Francisco Javier Rivas Santomé

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
 
O Libro en sí pareceme algo estraño, coma na época na que os reis e os sultáns trataban ás mulleres como as únicas que eran infieis.
O sultán en represalia da enfermidade da súa primeira muller axustiza a unha delas cada día porque non lle fora infiel. Todo isto sucedía ata a astucia de Sahrazad, (non pola súa beleza), senón polos seus coñecementos; estivo cativa mil e unha noites co sultán contándolle Historias de Oriente de Prodixios, Pazos que voan, Xenios, Traxedias, Picardías, Infernos... etc. e outros máis coñecidos:
´´ Alí Babá e os corenta Ladróns ``, ´´ Aladín e a Lámpara Máxica `` ou contos con estrutura sen rematar e que son moi relixiosos (falan de Alá).
Con todo o corcobado e con algo de humor tamén podemos sacar algunha ensinanza.
Gustoume o final, cando se namora dela, perdoándolle a vida por non ser infiel nas mil e unha noites. Son Historias curtas sen continuidade, xa que podes ir lendo dende o capítulo que se queira.
 

1 comentario:

Adrián Matanzas Barros dixo...

Este libro ten unha parte que trata duns momentos entre un rei e unha muller que lle relata historias para salvar a súa vida, e pareceume moi ingenioso.

Por outra parte os relatos ditos tratan de dar unha lección moral de como é o mundo.

Finalmente, outros relatos que se contan nun relato refírese ao mesmo explicando os bens e os males que nos rodean.