ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/04/15

As mil e unha noites

Comentario de Raquel García Rodríguez


As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
As mil e unha noites foi un libro que a verdade me resultou moi aburrido xa que os contos non me cativaron. Ao principio, o que máis me desgustou foi a estrutura dos relatos xa que nos primeiros aínda non ben rematada unha historia xa se contaba outra e ao final ía un desenlace detrás do outro. Os contos que menos me gustaron foron os que trataban de reis, xeques etc.. xa que eses no meu caso pasoume que os lía por ler, que non me engaiolaban para ter a curiosidade de querer saber que pasaría.
   O conto que máis me gustou foi o do corcovado xa que me pareceu moi cómico como se desfán os tres dunha persoa por liberarse das culpas.
 Por outra banda tamén había contos que xa coñecía como "Aladino e a lámpada máxica" e tamén "Alí Babá e os 40 ladróns" aínda que con algunhas variacións con respecto á versión que eu coñecía destes contos.
 O que se reflectía perfectamente en cada historia era o relixiosos que eran nesa época xa que por todo lle daban grazas a Alá e en todos os contos se referían a el ou a algún dos seus profetas.
 En definitiva, estes contos non me gustaron xa que a historia en si de cada un deles non é atractiva.

Sen comentarios