ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/02/15

Reo

Comentario de Katia Pereira González


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
  
 
 
A forma de comezar Xesús Fraga o libro de Reo fíxoseme moi coñecida, porque Xosé Neira Vilas tamén empeza máis ou menos desa maneira o libro de Memorias dun neno Labrego.
Ao principio custoume moito engancharme a el… pero a verdade é que non me rendín en ningún momento xa que dende o principio algo me chamou a atención;  non sei moi ben o que pero creo que foi o tema do graffiti.
Por outra parte contén interesantes reflexións sobre as realidades dos mozos de hoxe en día. Reo comparte ese sentimento de verse á marxe, de que as regras impostas pola sociedade, moitas veces, semellan indiferentes e inxustas. El observa o mundo dende un punto de vista particular e así o conta en primeira persoa, e sabe que pode aspirar a algo mellor, pero non ten moi claro o camiño para acabalo.
Gústame moito a súa positividade en cando o seu graffiti: Reo. Porque ten a intención de encher a cidade cos seus deseños e as súas firmas. Sabendo que o seu nome non é importante, pero o seu alcume si. Reo é un rapaz convencido do que quere facer, utiliza o graffiti como medio de expresión, pero no é un vándalo (non pinta en monumentos).
Este libro fíxome reflexionar sobre o tema do graffiti porque ten razón en de que o graffiti non debería ser ilegal porque é algo moi bonito que as veces te fai encher por dentro. A min por exemplo, encántanme os graffitis porque me fai sentir como feliz.
Finalmente este libro a verdade é que me fixo reflexionar moito, como xa dixen antes. 

1 comentario:

Lucía Otero dixo...

Este libro, Reo, non foi dos que mais me gustou de todos os que lin.
O protagonista quere encher a cidade co seu nome, e aínda que di que é o seu xeito de vida, paréceme que só quere ser coñecido, non coma seu avó, que creo que debería ensinar os seus carteis.
Aparte de iso, que se sinte ameazado cando unha nova personaxe aparece e escribe o seu nome por toda a cidade, e por iso comeza a reflexionar sobre o que está facendo e a onde quere ir.
Polo demais, pareceume interesante a reflexión sobre a vida e as esperanzas das persoas que nos rodean.