ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/15

Reo

Comentario de Adrián Mato


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 

  Do libro de Reo gustoume especialmente a crítica que quere facer da sociedade, que non comprende por que uns vándalos pintan as paredes, o cal para eses vándalos supón un modelo de vida, é dicir, cando para moita xente os grafitis non son máis que actos vandálicos, para eles son obras de arte. Para Reo facer grafites é algo máis que plasmar o seu nome nunha parede, é necesario para el, faino por impulsos. O de debuxar ao protagonista vénlle de familia como se foi demostrando ao logo da novela.
  Pero o libro non son só bombardeos e demais, non, trata temas de amizade como a que posúen Lee e Changui, ou coma todos os membros da A-100, aínda que tamén ten un oco para o amor e o rap. É unha historia completa, que non deixa cabo sen atar excepto o final que o deixa aberto.
En definitiva, encantoume o libro e engadiríao a millonaria colección de libros que merece a pena ler.

1 comentario:

Luna Mouniati Ferradás dixo...


Non me gustou moito, o libro non está mal pero hai cousas que se fan pesadas por exemplo cando fala de Virus e cousas así. O que máis me gustou é como explica como é a súa xente, onde se reúnen e como os aprecia. Tamén me gustou bastante como expresa o que sente cando fai os tags e o feito de que lles dá moita importancia. En resume, un libro interesante pero algo aburrido.