ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/01/15

Reo

Comentario de Julia Cacheda Couto


Reo
Xesús Fraga
Galaxia





O libro 'Reo' de Xesús Fraga defraudoume bastante e ao mesmo tempo ensinoume algo sobre o mundo do grafitti. Reo é o rei dos grafitteiros no seu barrio. Fainos ver dende outro punto de vista o seu mundo, non coma o que eu me imaxinaba que era a típica xente que se aburría e collía o aerosol para pasar o tempo, non, nese mundo hai loitas polo trono, competencia, persoas que o único que coñeces delas e o seú alcume e o estilo da súa pota, perigo, perigo de que te collan, grandes amigos e unha  rapaza especial.
Este libro tamén trata problemas que temos ao entrar na adolescencia como por exemplo chegar ao nivel de non manter ningun tipo de relación cos teus pais, só o 'Ola' ao chegar a casa. 
Os personaxes que máis me gustarón foron os dos xemelgos Seen e Rai, que cos seus enxeñosos raps fan o libro máis ameno. O que me decepcionou do libro foi que non se resolvera a trama de Oni, se non nos di quen é, por que o autor crea o personaxe? Parece que se cansou de escribir e dixo "bueno, aquí o deixo, que o imaxinen os lectores".  
 

Sen comentarios